Terra Galega e a Lei de Dependencia

É UN DEREITO, NON UNHA ESMOLA
 
TERRA GALEGA desde o seu nacemento, vén reivindicando que se cumpran os compromisos de financiamento dos entes locais, que a Carta Europea de Autonomía Local, en vigor desde marzo de 1989, impón ao Estado e aos gobernos autonómicos.

Os concellos non teñen que andar a pedir esmola ás outras administracións, seguindo o xogo á política de subvencións que, en moitos casos, se concede ou non, segundo quen goberne en cada administración.

Os entes locais teñen o dereito recoñecido á participación que lles corresponde nos presupostos estatais e autonómicos. A cantidade correspondente ten que vir determinada por criterios obxectivos e non debe ter carácter finalista, isto é, os concellos deben ter liberdade para decidir en qué proxectos van investir os cartos dos seus presupostos.

Aínda por riba, o lexislador estatal está a cargar aos concellos coa obriga de prestar determinados servizos, pero non achega os cartos necesarios para que poidan facerlles fronte. Este é o caso da Lei de Dependencia.

A lei entrou en vigor, pero nin desde Madrid nin desde Santiago dotaron ás arcas municipais dos fondos necesarios para aplicala. Os entes locais intentan cubrir todas as necesidades da poboación, pero cos seus medios resulta imposible.

Por todo iso,  TERRA GALEGA:

. Esixe á Xunta de Galicia que comprometa partidas presupostarias suficientes para que os concellos poidan desenvolver a Lei de Dependencia.

. Esixe ao Goberno de España que comprometa partidas presupostarias suficientes para que os concellos poidan desenvolver a Lei de Dependencia.

 


Terra Galega. Tódolos dereitos reservados

Novas
2010-07-30
Sobre o PP e Juan Gato

 
2010-06-18
Convocatoria da Direccion Nacional de Tega

 
2010-06-16
Apoio de Tega á decisión da Alcaldía de Narón

 
2010-03-24
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2010-03-14
Terra Galega e a Lei de Dependencia

 
2010-03-08
Sobre os parques eólicos

 
2010-03-03
Moción abreviada sobre as Caixas

 
2010-02-07
Convocatoria da Dirección Nacional

 
2009-11-25
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2009-11-24
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2009-09-14
Convocatoria da Dirección Nacional, con carácter extraordinario, de Terra Galega

 
2009-07-01
Convocatoria da Direccion Nacional de Tega

 
2009-05-30
Comunicado oficial de Tega sobor do Idioma

 
2009-05-28
Terra Galega pola transparencia na xestión dos cargos públicos

 
2009-05-16
Comunicado Oficial sobor do Sector Lácteo

 
 Páxina: 1 2  3