ESTATUTOS DE TERRA GALEGA
II Congreso
LIMIAR
Un fato de galegas e galegos, de conviccións firmes, acometeron a tarefa de constituír e de organizar un
partido político que faga posible que Galicia poida tomar compromiso político por sí mesma desde dentro,
sen caer en mimetismos e imposicións alleas á súa realidade propia. Trátase de poñer en pé, coa axuda
de todas as que se sintan identificadas co noso país e co noso pobo, unha estrutura organizativa que
faga unha política ao noso xeito galego: teimudo nos propósitos, realista nos medios, ponderado nos
procedementos, tolerante e respetuoso de todas as opcións.
TITULO I
Art. 1.
a)
Ao amparo do artigo 6º da Constitución Española, artigo 1º da Lei orgánica 6/2002, de 27 de xuño
de partidos políticos e demais normativa de aplicación, constitúese o partido político chamado
TERRA GALEGA, en acrónimo TEGA.
b)
O seu símbolo será unha árbore coa forma do mapa de Galicia ribeteado en cor verde e atravesado
en diagonal pola bandeira de Galicia; todo iso dentro dun dobre círculo dentro do cal inscribirase o
lema “Galicia, a nosa forza”, podendo o Consello Político Nacional acordar en calquera intre o seu
cambio.
Art. 2.
O desenvolvemento cultural económico e social, e os modelos de organización territorial e administrativa
de Galicia serán para Terra Galega as canles de definición e profundización como nacionalidade histórica.
Art. 3.
O enderezo de TEGA fica en Santiago, provincia da Coruña, Avenida de Romero Donallo nº 36, código
postal 15706, podendo o Consello Político Nacional acordar en calquera intre o seu traslado a outro
enderezo.
1
TITULO II
CAPITULO 1º DA AFILIACIÓN:
Art. 4.
Poderán afiliarse a Terra Galega os/as cidadáns/cidadás que cumpran os requisitos esixidos na lexislación
vixente.
Art. 5.
A afiliación implica:
a) A aceptación e defensa dos principios ideolóxicos e puntos programáticos de Terra Galega.
b) A subxección a estes Estatutos, ás normas que os desenvolven e ao cumprimento dos acordos
adoptados polos órganos do Partido.
c) O compromiso de contribuír ao sostemento económico do Partido.
Art. 6.
A calidade de afiliado/a e, polo tanto, membro do partido, adquirirase según o protocolo de afiliación que
será aprobado pola Dirección Nacional a proposta do/a secretario/a de finanzas.
CAPITULO
2º DEREITOS E OBRIGAS DOS AFILIADO/AS
Art. 7.
Son dereitos dos/das afiliado/as ao partido, os seguintes:
a) Participar nas actividades do partido, exercer o dereito de voto e asistir aos Congresos e Asembleas,
de acordo cos Estatutos e Regulamentos.
b) Elixir e ser elixido/a para ocupar cargos de responsabilidade en todos os niveis do partido, sen que
poida haber discriminación ningunha, e só coas limitacións derivadas dos Estatutos do partido e dos
Regulamentos.
c) Recibir información do Partido, das súas actividades e da súa situación económica.
d) Confidencialidade dos datos persoais con exclusivo uso para a actividade interna do partido,
limitándose o acceso aos mesmos segundo os niveis de responsabilidade no propio partido.
e) Cantos outros lles confira a lexislación vixente.
2
Art. 8.
Obrigas dos/das afiliados/as:
a) Difundir e propagar os obxectivos estatutarios e programá¬ticos do partido.
b) Participar e apoiar as iniciativas e campañas desenvolvidas polo partido nos seus diversos ámbitos.
c) Cumprir e velar polo cumprimento dos presentes Estatutos.
d) Respectar o carácter vinculante das decisións adoptadas polos órganos de TEGA en todos os seus
ámbitos, e participar activamente na súa posta en práctica.
e) Aboar puntualmente a cota establecida polos órganos competentes do partido.
Art. 9.
A condición de afiliado/a pérdese por algunha das seguintes causas:
a) Decisión propia comunicada por escrito ao Comité Local ao que pertenza.
b) Expulsión, previo expediente instruído a tal fin.
CAPITULO 3º
RÉXIME DISCIPLINARIO E SANCIONADOR
Art. 10.
Réxime Disciplinario
Ningún afiliado/a poderá ser sancionado, nin privado dos seus dereitos, sen mediar expediente tramitado
de acordo cos Estatutos do partido, e só por algunha das causas que os mesmos tipifican como motivo de
sanción.
Art. 11.
Das Infraccións
As infraccións terán a calidade de faltas Leves, Graves ou Moi Graves, sendo os criterios para a súa
cualificación a gravidade do incumprimento ou transgresión, a intencionalidade, o prexuízo causado e as
responsabilidades do infractor na xestión do partido.
3
11.1. Das faltas Leves
Terán esta consideración as seguintes:
a) A falta de asistencia non xustificada a unha xunta dos Órganos de que forme parte, cando
fora convocada debidamente.
b) A falta de comunicación a TEGA do cambio de domicilio ou calquera outro dato do Boletín
de Afiliación, que lle fora demandado pola Administración do partido.
c) Os incumprimentos dos Estatutos e das resolucións dos Órganos do partido que non están
tipificadas expresamente coma faltas Graves ou Moi Graves.
11.2. Das faltas Graves
Serán consideradas faltas Graves as seguintes:
a) A non asistencia inxustificada ás xuntas dos Órganos de que forme parte, cando foran
convocadas debidamente e se repetira mais de dúas veces sucesivas ou de tres no período
dun ano.
b) A falta de respecto e consideración debida aos/ás afiliados/as de TEGA ou a calquera
persoa, tanto nos locais do partido coma no seu ámbito de actuación.
c) A descualificación pública dos Órganos do partido ou de calquera dos seus membros.
d) A comisión reiterada de faltas leves.
11.3. Das faltas Moi Graves.
Serán consideradas como faltas Moi Graves as seguintes:
a) A actividade fraccionaria ou desestabilizadora.
b) O incumprimento deliberado das resolucións aprobadas nos Órganos Estatutarios do
partido.
c) A infrautilización dolosa ou usurpación dos medios e recursos do partido, calquera que fora
súa procedencia.
d) A falsificación de documentos, sinaturas, selos, claves ou datos análogos relevantes para a
relación do partido coas súas Organizacións, as empresas ou as Institucións.
e) A violación de segredos que prexudique gravemente os intereses ou a imaxe do partido.
f) Prevalerse da condición de afiliado/a para desenvolver actividades contrarias ás Leis.
4
g) A agresión sexual, o acoso sexual ou o trato degradante de palabra ou obra a outros
afiliados/as ou a calquera persoa.
h) Dobre militancia.
i)
O incumprimento das obrigas económicas que o/a afiliado/a puidera contraer co partido
distintas do pago da Cota de Afiliación.
j)
A comisión reiterada de faltas graves.
Art. 12.
Sancións
12.1. As sancións que se poderán impoñer aos/ás afiliados/as serán proporcionais á gravidade da
falta cometida, e terán a seguinte gradación:
a) Por faltas leves: amoestación verbal ou por escrito.
b) Por faltas Graves: suspensión de militancia de entre tres meses e un ano.
c) Por faltas Moi Graves: expulsión do partido, ou suspensión de militancia por espacio de
entre seis meses e dous anos.
12.2.
A suspensión de militancia implica a perda temporal da totalidade de dereitos do/da
afiliado/a en canto que tal, pero non das súas obrigas.
12.3. No caso de que a falta ou faltas cometidas xerasen responsabilidades administrativas, sociais,
civís ou penais, a Dirección Nacional de TEGA poderá acordar as oportunas accións xudiciais ou
extraxudiciais para depurar tales responsabilidades.
12.4. Mentres se tramita un expediente sancionador por faltas graves ou moi graves, a Comisión de
Conflictos poderá suspender cautelarmente de militancia ao afiliado/a ou afiliados/as afectados/as,
ata a resolución definitiva do expediente.
Art. 13.
Prescrición de faltas
En xeral, as faltas prescriben aos seis meses de que o Órgano Sancionador coñeza da súa comisión, e, en
todo caso, aos dous anos de se teren cometido. As faltas leves prescribirán en todo caso aos seis meses.
No caso das faltas tipificadas no Art. 11.3. i) do presente Estatuto, non existirá tempo de prescrición,
a non ser que o afiliado/a regularice a situación que deu orixe á falta.
5
Art. 14.
Competencia sancionadora
A Comisión de Conflitos será o Órgano competente para abrir expediente sancionador a calquera
afiliado/a, a proposta dos órganos executivos do partido de calquera ámbito territorial ou en por si, e as
súas decisións só poderán recorrerse ante o Consello Político Nacional.
Art. 15.
Procedemento sancionador
a) Coñecida a presunta comisión dunha falta, a Comisión de Conflitos no prazo máximo de tres meses
instruirá o expediente sancionador e trasladará os cargos ao/á afectado/a ou afectados/as.
b) O/A afiliado/a ou afiliado/as no prazo dun mes dende o día seguinte de ter coñecemento dos
cargos, poderán solicitar ser escoitados pola Comisión de conflictos. Realizado o trámite ou agotado
o prazo a Comisión de Conflitos disporá a sanción pertinente, ou ben o arquivo das actuacións que
lle será comunicado ás persoas interesadas.
c) Unha vez coñecida polo afiliado/a ou afiliado/as a resolución do Expediente, disporán dun prazo de
trinta días para recorrer o mesmo diante do Consello Político Nacional, quen resolverá na súa
primeira xunta ordinaria ou extraordinaria.
TITULO III
ESTRUTURA ORGÁNICA
Art. 16.
16.1. A estrutura de TERRA GALEGA estará conformada por órganos de carácter nacional e órganos
territoriais.
16.2. Son órganos nacionais os seguintes:
a) Congreso
b) Consello Político Nacional
c) Dirección Nacional
d) Comisión de Contas
e) Comisión de Conflictos.
6
16.3. Son órganos territoriais as Agrupacións Locais
CAPITULO 1º DOS ÓRGANOS NACIONAIS
Art. 17.
Do Congreso
a) O Congreso constitúe o órgano supremo de decisión do partido.
b) As súas decisións e acordos teñen carácter vinculante para todos os/as afiliado/as e órganos, e
inspirarán tanto os programas electorais coma de goberno.
c) Define a política do partido e establece as liñas de actuación política e organizativa, aproba ou
rexeita a xestión dos órganos de goberno, elixe os compoñentes do Consello Político, da Dirección
Nacional e das Comisións de Contas e Conflitos.
d) Tamén lle corresponde modificar, no seu caso, a estrutura interna do partido, a reforma dos
Estatutos e xulgar políticamente a actuación dos demais órganos.
e) Son membros do Congreso os compoñentes do Consello Político e da Dirección Nacional, así como
un compromisario por cada Agrupación Local, elixido pola propia Asemblea de cada Agrupación
Local.
Serán elixidos polas Asembleas Locais un número de congresistas en proporción á afiliación, que
será determinado polo Consello Político na convocatoria do congreso, non podendo nunca ser
inferior a cento cincuenta congresistas.
17.1. Do Congreso Ordinario
Celebrarase con carácter ordinario cada catro anos, convocado polo Consello Político, que fixará o
lugar e data de celebración así coma a orde do día, debendo transcorrer entre a convocatoria e a
celebración un prazo non inferior a catro meses nin superior a seis.
17.2. Do Congreso Extraordinario
Deberá ser convocado polo Consello Político, previa deliberación e toma de acordo:
‐ Por propia iniciativa
‐ A petición da Dirección Nacional
7
17.3. O regulamento do Congreso:
a) Establecerá as normas de constitución, funcionamento e desenvolvemento do mesmo, así como
o procedemento de elección dos compromisarios.
b) Será aprobado polo órgano convocante.
Art. 18.
Do Consello Político
E o máximo órgano do partido para a súa dirección política entre Congresos.
18.1. Estará integrado por:
a) Os membros da Dirección Nacional.
b) Os Presidentes das Deputacións, das Cámaras lexislativas e os membros do goberno, Central
ou Autonómico, que fosen afiliado/as ao partido.
c) Vinte integrantes máis nomeados polo Congreso.
18.2. As súas competencias específicas serán:
a) Convocar os Congresos Ordinarios e Extraordinarios do Partido e aprobar o seu
regulamento.
b) Definir a política do Partido entre Congreso e Congreso, aténdose ás resolucións do
Congreso anterior. Cumprir e velar polo cumprimento dos acordos do Congreso e dos
programas do Partido
c) Definir a actuación xeral do Partido e formular no seu caso recomendacións aos seus
órganos dirixentes.
d) Cubrir as vacantes que se produzan na Comisión de Contas e na de Conflitos.
e) Resolver en ultima instancia os recursos contra as decisións da Comisión de Conflitos
18.3.
O Consello Político reunirase polo menos unha vez cada seis meses, e con carácter
extraordinario, por acordo da Dirección Nacional ou dun terzo dos seus membros.
8
Art. 19.
Da Dirección Nacional
19.1. A Dirección Nacional é o órgano permanente de goberno do Partido, desenvolve e realiza a
política emanada do Congreso e do Consello Político, e adopta as decisións de acción inmediata
que estime necesarias. Estará composto por:
a)
O/A Presidente/a do Partido
b)
O/A Secretario/a Xeral
c)
O/A Vicepresidente/a
d)
O/A Vicesecretario/a Xeral
e)
Un mínimo de doce vogais
f)
O/A Presidente, o/a Secretario/a Xeral, e os vogais serán elixidos polo Congreso do Partido.
19.2.
a)
No seo da Dirección Nacional poderá crearse unha comisión permanente da que formarán
parte o/a Presidente/a, o/a Secretario/a Xeral, o/a Vicepresidente/a, o/a Vicesecretario/a e
un máximo de 5 vogais elixidos pola propia Dirección.
b)
A Dirección Nacional, a proposta do/da Secretario/a Xeral, poderá crear secretarías
executivas designando no acordo ao vogal responsable da mesma, a área específica de que
se trate e no seu caso a duración da mesma.
c)
A Dirección Nacional poderá ser incrementada a proposta do/da Presidente/a que será
aprobada pola propia Dirección Nacional
19.3. Son funcións da Dirección Nacional:
a) Impulsar a acción do partido en todos os ámbitos.
b) Establecer as directrices políticas do Partido.
c) Dirixir a xestión patrimonial, económica e financeira.
d) Fixar as posicións do partido ante as cuestións do acontecer político.
e) Aprobar os programas electorais do Partido.
f) Decidir os nomes dos candidatos nas eleccións que teñan como circunscrición a provincia, a
Presidencia das Deputacións e os Deputados Provinciais.
g) Nomear as persoas que corresponda designar como senadores pola Comunidade Autónoma.
h) Levar a dirección das campañas electorais.
i) Aprobar os regulamentos de funcionamento interno dos distintos órganos do partido.
j) Aprobar as coalicións electorais, coalicións de goberno a nivel provincial ou superior, pactos
parlamentarios de carácter estable, así como a federación con outros partidos.
k) Aprobar os Presupostos do Partido e os informes da Comisión de Contas.
9
19.4.
a) Os acordos da Dirección Nacional serán vinculantes para todos os afiliado/as e todos os
órganos de ámbito territorial inferior.
b) A Dirección Nacional poderá suspender os actos, acordos ou decisións dos órganos de
ámbito territorial inferior do Partido que sexan contrarios a estes Estatutos ou regulamentos
do partido, ás decisións do Congreso ou do Consello político Nacional.
19.5.
a) A Dirección Nacional, reunirase coa frecuencia que por si mesmo acorde e polo menos, unha
vez cada dous meses.
b) Será convocada polo/a Presidente/a, a iniciativa súa ou do/da Secretario/a Xeral ou por
petición escrita dun tercio dos seus membros, e neste caso dentro dos sete días seguintes á
recepción do escrito
19.6.
Será o órgano encargado de aceptar a integración de cargos electos doutros partidos
políticos ou agrupacións.
Art. 20.
Da Comisión de Contas
a) É o órgano encargado de supervisar a contabilidade e a administración do Partido, velará porque se
axusten ás resolucións dos órganos de decisión.
b) Dará fé da utenticidade dos informes e datos económicos presentados pola Dirección Nacional sen
prexuízo das competencias do secretario de finanzas.
c) Estará constituída por tres membros elixidos no Congreso do Partido, non podendo formar parte da
mesma o Secretario de Finanzas.
d) A Dirección Nacional aprobará o seu regulamento de funcionamento.
Art. 21.
Da comisión de Conflictos
a) Á Comisión de Conflitos correspóndelle a tramitación e resolución dos expedientes de sanción que
coñezan a proposta dos órganos executivos do Partido ou en por si.
10
b) Estará composta por tres membros elixidos no Congreso, en períodos coincidentes.
CAPITULO 2º DOS ÓRGANOS TERRITORIAIS
Art. 22.
Das Agrupacións Locais
a) A unidade básica de militancia será a Agrupación Local, que corresponderá a cada termo municipal
e estará composta por todos os afiliado/as que a integren, cun mínimo de cinco.
b) A súa creación será competencia da Dirección Nacional .
22.1. Os órganos da Agrupación Local son:
a) A Asemblea Local
b) A Executiva Local
22.2. O seu funcionamento será democrático, os seus acordos serán tomados en base a un principio
maioritario e o seu funcionamento será establecido polo regulamento que deberá desenvolver a
Dirección Nacional.
TITULO IV
CAPITULO 1º
DO/A PRESIDENTE/A
Art. 23.
É o representante político do partido. Preside a Dirección Nacional, e cando asiste, os actos oficiais do
partido e dos grupos parlamentarios.
Art. 24.
Será sustituido nas súas funcións cando haxa lugar polo/a vicepresidente/a.
11
Art. 25.
Velará polo cumprimento dos Estatutos do Partido e dos acordos do Congreso.
CAPITULO 2º
DO/A SECRETARIO/A XERAL
Art. 26.
É o representante legal do Partido. Levará a Xerencia e a dirección do Partido, correspondéndolle
a
organización administrativa e o refrendo dos documentos políticos e administrativos.
Art. 27.
Será sustituido nas súas funcións cando haxa lugar polo/a Vicesecretario/a.
Art. 28
Suscribirá como Secretario/a de Actas, as actas da Dirección Nacional.
Art. 29.
Executará os acordos do Congreso, do Consello Político e da Dirección Nacional. Supervisará as actuacións
dos órganos executivos e impulsará a acción do partido en todos os ámbitos.
Art. 30.
Nomeará as secretarías executivas de entre os vogais da Dirección Nacional.
TITULO V
RÉXIME XERAL DE ACORDOS E ELECCIÓNS
Art. 31.
O que ten facultade para convocar a sesión dun órgano, aprobará a súa orde do día, e incluirá asuntos
propostos polos afiliado/as ou órganos inferiores, cando se realice a solicitude dos mesmos.
Os órganos só poden deliberar sobre os temas relacionados na orde do día, salvo que, estando presentes,
alomenos dous tercios dos seus membros acorden, por unanimidade, incluir outros naquela, agás unha
moción de censura.
12
A moción de censura dun Comité ou dalgúns dos seus membros, pola Asamblea correspondente ou, no seu
caso, polo Consello Político Nacional, require o voto en tal senso de dous tercios dos asistentes.
Art. 32.
As sesións ordinarias deberán ser convocadas con dez días de antelación e as extraordinaria con tres, salvo
que a urxencia do asunto non permita cumprir este prazo.
Art. 33.
As mocións de censura, á totalidade ou parte do correspondente órgano executivo, presentaránse por
escrito, coa sinatura polo menos dun 50 por cento dos membros do órgano correspondente.
Art. 34.
A elección dos compoñentes dos diversos Órganos realizarase por votación secreta en listas completas e
pechadas.
O voto é plural, igual e secreto.
TITULO VI
DOS GRUPOS PARLAMENTARIOS
Art. 35.
Os Grupos Parlamentarios son os órganos a través dos que o Partido realiza a súa política nas Cámaras
Lexislativas. Teñen o deber dentro da política xeral aprobada polo Congreso e baixo as directrices dos
órganos superiores do Partido, de ordear a actividade paralamentaria dos seus membros, participando
éstes activamente na discusion dos proxectos de Lei e na consideración de calquera cuestión que deba
ser sometida ao seu exame e voto na respetiva Cámara.
Poderán formar parte dos Grupos Parlamentarios en concepto de adheridos/as, os/as parlamentarios/as
non pertencentes ao Partido que o soliciten e cumpran os requisitos establecidos nos correspondentes
Regulamentos internos que establecerán os seus dereitos e deberes, e sempre con respecto ao
ordenamento xurídico vixente.
Art. 36.
Os Grupos Parlamentarios, no marco destes Estatutos, elaborarán o seu propio Regulamento interno, que
en orde a súa validez, deberá ser aprobado pola Dirección Nacional.
13
TITULO VII
DO PATRIMONIO E RÉXIME ECONÓMICO
Art. 37.
Se someterá á lexislación vixente.
TITULO VIII
RÉXIME DOCUMENTAL
Art. 38.
Se someterá á lexislación vixente.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Única
A disolución do Partido só se poderá producir, ademais de polas causas establecidas nas leis, por acordo
do Congreso, debidamente convocado para o efecto, requiríndose o voto afirmativo das tres cuartas partes
dos seus membros presentes.
Os acordos de disolución incluirán a designación dunha Comisión Liquidadora.
14