Terra Galega elixe aos integrantes do novo Comité local do partido en Narón

luns, 18/07/2016 - 08:49

O edil naronés Ibán Santalla resultou elixido o 12 de xullo coordinador local de Terra Galega en Narón. A formación política celebrou a partir das 20.30 horas unha xuntanza no seu local, en Santa Icía (A Solaina) para elixir aos integrantes do novo Comité local. Á convocatoria presentouse unha única candidatura, a liderada por Santalla, que substitúe no cargo a Avelino Rouco, exedil da formación na localidade naronesa.

Catro homes e catro mulleres integran a nova Executiva xunto con seis vogais. A secretaria de Organización, María del Carmen Espada; o responsable do Movemento Asociativo, Pablo Mauriz; a de Mocidade, Lucía González; o de Acción Política Rural, Roberto Naveiras; o de Finanzas e Cultura, Bruno González, a de Igualdade, María Díaz e a secretaria de Actas, Sandra Padín, completan o equipo.

Así mesmo, como integrantes da dirección Nacional de Terra Galega son vogais: Guillermo Sánchez Fojo, José Manuel Blanco, Marián Ferreiro, Marta Otero e Bruno González e como integrante do Consello Político, tamén Natalia Hermida.

Na súa intervención, Sánchez Fojo valorou o traballo da anterior Executiva local de TEGA e felicitou aos seus compañeiros do novo Comité, ao tempo que incidiu na importancia de “continuar traballando como ata o de agora por e para os veciños e veciñas de Narón”. Así mesmo, destacou a labor que terá o equipo nos vindeiros meses a nivel local e tamén autonómico, debido a proximidade dunhas elecciónsnas que é máis preciso que nunca a nosa labor en Terra Galega da man daquelas formacións que non cesen no seu empeño de defender os intereses e dereitos de todos os galegos e galegas, gobernando para o conxunto da cidadanía e non para uns poucos”. Sánchez Fojo destacou tamén o cometido do novo coordinador local, Ibán Santalla, edil desde as pasadas eleccións locais no Concello naronés.

Pola súa banda, Santalla agradeceu o respaldo dos seus compañeiros e compañeiras de partido trala súa elección como coordinador local de TEGA e comprometeu a súa implicación no posto. “Este é un cargo totalmente novo para min e quero darvos as grazas pola confianza depositada na miña persoa e no resto do equipo de Terra Galega, unha formación coa que me sinto plenamente identificado, como non podía ser doutro xeito, e para a que xunto con todos e todas vós continuarei traballando para defender os intereses do noso concello e mellorando día a día todo o que estea nas nosas mans”.